Localízase na zona centro do concello, atopándose polo tanto lindando con parroquias do mesmo municipio. Así o fai ao norte con Mercurín e Leira, ao nordés con Buscás, ao leste con Poulo, ao sur con Pereira e Montaos, ao oeste con Parada e ao noroeste con Lesta.

A súa orografía caracterízase pola suave pendente, dándose as cotas máis altas ao noroeste, na aba do Monte de Mercurín (428 m) e as máis baixas ao sueste, ás beiras do río Cabrón, que fai as funcións de límite parroquial polo extremo leste. Complementando os cursos fluviais, destacamos na zona centro o rego Mercurín, que augas abaixo recibe o nome de rego da Fraga, e polo oeste o rego do Valado e o rego de Cesteño, que se xuntan á altura de Guindibó, e enlazan co río Cabrón na veciña parroquia de Parada.

Preséntase como a segunda parroquia máis grande, con 2 km² menos que Ardemil (20,48 km²), a máis grande, e 2 km² máis que Leira (16,28 km²), chegando a duplicar e mesmo a triplicar o resto de parroquias. Ao longo desta repártense 29 núcleos, dos cales tres (A Fábrica e Fonte Estrei) atópanse integrados dentro do entramado urbano, nas proximidades do cal se reparten a súa maioría, quedando o cuadrante noroeste máis deshabitado. 

A principal vía de comunicación é a N-550, que percorre a parroquia de forma lonxitudinal e en orientación norte-sur, enlazando na zona urbana coa AC-413 polo oeste, dirección suroeste, para cambiar de rumbo á altura do Empalme e dirixirse cara ao noroeste, dirección Cerceda, atravesando as parroquias de Parada e Lesta. Polo leste, e rumbo ao concello de Frades, atopámonos coa AC-524, que atravesa as parroquias de Poulo e Barbeiros. Por último e enlazando coa anterior, atopámonos a AC-3802, que segundo orientación sueste, dirección concello de Oroso, atravesa as parroquias de Poulo e Pereira. O resto de entramado viario atópase integrado por pistas de carácter municipal que comunican, na maioría de casos, os seus núcleos, así como os das parroquias próximas.

Os usos do solo atópanse determinados por esta distribución espacial dos núcleos, con predominio dos pasteiros na zona sueste, que dá paso ao arboredo a base de coníferas, nas proximidades da autoestrada. Polo extremo noroeste, hai predominio do arboredo, salpicado por pequenas extensións de pasteiros nas proximidades dos núcleos. A tipoloxía, do mesmo modo, vai condicionada pola súa proximidade ao urbano, onde atopamos 14 núcleos que se corresponden coa tipoloxía de núcleo rural común, que se localizan nas proximidades da capital municipal, onde a vivenda moderna desprazou á tradicional e, nun segundo radio, co mesmo centro, aqueles núcleos cunha zona de marcado carácter rural, que viu incrementado o seu censo de vivendas no seu ámbito máis próximo, é dicir, aqueles que se incluirían dentro da tipoloxía de núcleo rural complexo, 10 en total, quedando o resto integrado na malla urbana.

É no solo urbano onde nos atopamos cos principais equipamentos, tanto a nivel parroquial como a nivel municipal, onde cabe destacar a casa do Concello, a casa da cultura, o centro de saúde, a piscina climatizada, a residencia da terceira idade, o cemiterio municipal, a escola de música, o mercado municipal, o campo de fútbol, o xulgado, o parque de bombeiros..... así como o centro comarcal, nos arredores e en dirección a Santiago de Compostela. Para unha información máis detallada sería necesario acudir á memoria do Plan onde se indican as superficies, así como se lle asigna un código en función do tipo.

Nunha comparativa a nivel xeral, podemos destacar que o núcleo urbano de Ordes (5.968 hab.) achega case a mesma poboación que o resto de parroquias (6.995 hab.), polo que para a comparativa imos normalizar os datos, non tendo en conta este valor. Non obstante e tendo en conta esta característica seguiría sendo a parroquia que máis poboación achega, 1.547 hab., un terzo maior que a súa predecesora Ardemil (1.029 hab.) e case cinco veces máis que o resto de parroquias. A repartición pormenorizada da poboación indícanos que As Casillas, con 212 hab., é a que máis poboación achega, atopándose no extremo contrario Mesón de Deus con 3 hab., sempre eliminando desta comparativa o solo urbano.
 

Arquitectura

Aloxamento

Hostal Louro

Hostal Louro

  • Pensións - Pensión 2 Estrelas
  • Av. José Antonio 19
  • 981680831

Donde Comer

El Túnel Restaurante

El Túnel Restaurante

  • Café-Bar/Restaurante
  • Alfonso Senra 119, Baixo 15680 Ordes - A Coruña
  • 981680280
Más información
Fraga II Restaurante

Fraga II Restaurante

  • Café-Bar/Restaurante
  • Rosalía de Castro, 11 15680 Ordes - A Coruña
  • 981681619
Más información
Parrillada Os Arcos

Parrillada Os Arcos

  • Café-Bar/Restaurante
  • Rúa da Feira, 21 15680 Ordes - A Coruña
  • 981682986
Más información
Pulpeira Verde Galicia

Pulpeira Verde Galicia

  • Pulpeira
  • Avda. José Antonio, 7 15680 Ordes - A Coruña
  • 981680160
Más información

Máis Información

  • 1862 Hectáreas
  • 7553