Información económica
Nunha análise histórica constátase a redución da ocupación na agricultura. O 27,26% dedicábase a ela en 1991, reducíndose ao 11,88% en 2001. A taxa actual reduciuse froito da diversificación noutros sectores.
O sector que máis se favoreceu desta diversificación foron os servizos. Ocupaban o 33,41 % en 1991, ascendendo ao 40,65 % en tan só dez anos. A súa taxa de ocupación actual sitúan o sector como a rama principal da ocupación.
1989 | 1999 | |
---|---|---|
Terras labradas | 2.023 Ha | 2.458 Ha |
Terras para pastos permanentes | 2.661 Ha | 3.560 Ha |
Esoecies arbórear forestais | 2.821 Ha | 2.145 Ha |
Outras terras forestais | 3.811 Ha | 3.100 Ha |
TOTAL | 11.316 Ha | 11.263 Ha |
En canto aos outros sectores, a construción diminuíu desde o 20,25 % en 1991 ao 19,08% dez anos despois. A industria experimentou un ascenso da súa ocupación, sobre todo o que atinxe á industria manufactureira, pasando do 19,15 % no 1991 ao 27,98% de 2001.
Distribución da superficie territorial segundo o seu uso
Do cadro anterior despréndese que aumentou tanto a superficie de terras labradas como as terras dedicadas a pastos, en detrimento da destinada a forestal, mentres que se manteñen, en coherencia co mantemento do número de cabezas de gando bovino que se expoñía anteriormente.
Os cultivos principais que se realizan no concello de Ordes, do mesmo xeito que no resto da comarca, son os cultivos forraxeiros e os tubérculos.
Número de explotacións (2017) | |
---|---|
Numero de explotacións | 610 |
Número de parcelas | 38.733 |
Número de vaca | 5.897 |
Número total de bovinos | 9.797 |
Maquinaria (1999) | |
---|---|
Motocultores | 1.840 |
Tractores | 1.033 |
Colleitadoras de cereais | 24 |
Outras colleitadoras | 98 |
Relación da poboación coa actividade económica (2001) | |
---|---|
Poboación activa | 5.599 |
Poboación de ocupados | 5.082 |
Poboación de parados | 517 |
Poboación inactiva | 4.779 |
Porcentaxe na relación da poboación coa actividade económica (2001) | |
---|---|
Taxa de actividade | 54,0% |
Taxa de ocupación | 49,0% |
Taxa de paro | 9,2% |