Igrexa parroquial de Ordes
De estilo Neoclásico, inícianse as obras no ano 1863 e rematan no ano 1877 baixo a dirección do arquitecto Diocesano Antonio Bermejo segundo o proxecto de Faustino Domínguez.
Ven a substituír á Capela de Lourdes, un pequeño templo románico que foi derrubado.
Na súa orixe, a igrexa posuía planta de cruz grega con gran fachada aos pes. No ano 1962 lévase a cabo a ampliación da nave central e constrúese unha nova torre. A fachada principal conta na actualidade con dúas torres-campanario simétricas fronte á traza primeira que situaba unha única no eixe central.
Interiormente cúbrese con bóvedas de cañón e arcos faixóns. Dispón dun coro elevado e iluminación por lunetos. A súa austeridade ornamental tanto no exterior como no interior, relaciónaa con outros templos proxectados polo mesmo autor, como os de santa Uxía de Riveira e Santa María de Oza.
Da antiga Capela de Lourdes, conserva no seu interior varias imaxes relixiosas como os retablos da Virxe do Carme e o da Virxe do Rosario e as imaxes de San Xoán, San Isidro e San Roque. A imaxe de San Bieito procede do Mosteiro de Sobrado dos Monxes. Dos elementos construtivos aproveitáronse varias pedras de cantería, o arco que enmarca a porta do Baptisterio e cinco canzorros.