Praza de Abastos
A Praza de Abastos de Ordes esta situada na Rúa do Mercado, foi inaugurada no ano 1979 e conta cunha superficie total de 1384 metros cadrados de titularidade publica e adecuados a persoas con mobilidade reducida. Dividese en duas prantas de 740,00 m2 a planta baixa e 644,00 m2 a planta primeira.
Esta xestionada directamente polo Concello de Ordes e o seu horario de apertura e de martes a sábado de 8 a 14 horas.
As súas instalacións, que foron modernizadas e adecuadas a normativa vixente no ano 2015 están adicadas principalmente a venda e comercialización de produtos naturais, autóctonos e alimentarios.
Na súa planta baixa ofertase sobre todo produto fresco da mellor calidade e sempre coa mellor relación calidade prezo. Basicamente produtos da horta, alimentación e do mar.
A súa primeira planta, a cal conta con rampa de acceso e ascensor, esta dividida en 13 postos de venda acristalados, 3 centrais de 17,05 m2 cada un e 10 laterais de 14,70 m2 cada un.
Nestes postos celebrase no mes de marzo a Feira de Oportunidades. Durante un fin de semana no mes de marzo convertese no maior punto de venda de toda a comarca no que se poden atopar as mellores ofertas en téxtil, calzado, cerámica, bixutería, artesanía, deporte…
Tamén conta cunha cociña totalmente equipada para realizar cursos e cookin rooms.