Busto de Carnota
Monumento cun marcado carácter vertical executado en cantería, en varios tramos e con diversas decoracións, que se atopa rematado por un busto en recordo de Vicente Carnota Pérez (1855-1920), sacerdote de Faca e xornalista. O seu estado é bo.