Oficina de turismo
A importante demanda de visitantes e peregrinos que acoden ao noso concello durante todo o ano, atraídos pola riqueza paisaxística e cultural, configura un concello no que o turismo comeza a ser un recurso potencial de desenvolvemento para a zona.
Ordes como concello por onde pasa o Camiño realiza un gran labor de atención e información aos peregrinos que percorren ao Camiño Inglés para peregrinar ata Santiago de Compostela .
A Oficina de Turismo está situada no edificio consitorial, no primeiro andar, onde os veciños e veciñas de Ordes e todos os interesados poderán achegarse ou chamar ao teléfono 981 680 002 ext.: 4 para solicitar información sobre diversas temáticas vinculadas ao turismo como festas gastronómicas, rutas de sendeirismo, lugares significativos que poden visitar etc. En definitiva, o obxectivo único do punto de información turística é o de contribuír a informar sobre os recursos turísticos da zona e axudar a que a estancia dos visitantes e dos peregrinos no noso concello sexa o máis alegre e agradable posible.