spacer
Mesón de Deus

Construción orixinal do s. XVIII, pero fixéronse reformas posteriores. Foi unha pousada-fonda,de descanso no traxecto que a dilixencia facía entre Santiago-A Coruña, no cal monturas e viaxeiros descansaban. Consta de dúas plantas. Os muros revestíronse de cemento, os ventanais están enmarcados por perpiaños. A cuberta a dúas augas.

É o edificio máis antigo da zona urbana de Ordes. O seu estado de conservación é moi bo.

Localización