Piscina climatizada "Iván Raña Fuentes"
A piscina climatizada comarcal “Iván Raña” encóntrase situada no Concello de Ordes, no kilómetro 37 da N550, xusto despois atravesar o centro urbán do concello en dirección Santiago.
Debido a súa situación, coma centro dunha comarca formada por éste e outros concellos (Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo), fan uso dos servizos deste complexo deportivo, non só os habitantes de Ordes, senon tamén as persoas dos concello limítrofes mencionados con anterioridade. Por isto contamos cunha ampla asistencia, contabilizada nunha media de 300 usuarios por día, durante o horario de apertura (pechado festivos e o mes de agosto):
- Luns a venres: 8:00 a 14:00 h. / 16:00 a 23:00 h.
- Sábados: 8:00 a 14:00 h. / 16:00 a 21:00 h.
- Domingos: 9:30 a 14:00 h.
En funcionamento dende o ano 1999, a instalación conta con 1.900 m2 aproximadamente de zonas de uso, formados pola recepción e oficina de administración, vestiarios femnino e masculino, un ximnasio e dúas salas de actividades.
Cunha zona de 700 m2 dedicados á piscina, ésta ten as seguintes características:
- Lonxitude: 25 m.
- No de rúas: 6
- Capacidade máxima: 104 persoas.
- Lamina de auga: 312,5 m2
- Altura máx.: 1,55 m.
- Altura min.: 1,20 m.
Nela ademáis do uso para nado libre e aquagym, ofrecemos clases de natación para diferentes grupos de luns a venres: Babys, Nenos I, II e perfecionamento, ANPAS e IES, Adultos I e II e perfecionamento e Natación especial.
Na sala dedicada ao ximnasio, contamos cunha zona de cardio formada por cintas, bicicletas estáticas, elipticas e remo, asi como outra dedicada a uso de máquinas de musculación e pesos libres. Inclúese servizo de seguimento de rutinas de exercicio para todos aqueles que o precisen, segundo os obxectivos e necesidades do usuario.
Coa última reforma da instalación, creouse unha nova sala para activades para dar un maior servizo, sumándose a xa existente, impartíndo diferentes modalidades de exercicio físico moitas delas podendo ser realizadas en horario de mánan ou de tarde de luns a venres: Pilates I e II, Streching, Acondicionamento físico senior, Aerostep, Jump fitness, Cardio box, Step, Tonificación, Aerobic adulto e infantil, Interval, e Zumba adulto e infantil.
ENTRADA PUNTUAL
MODALIDADE | PREZO |
---|---|
MENORES DE 21 ANOS | 2,50 € |
DE 21 A 64 ANOS | 4,00 € |
MAIORES DE 65 ANOS | 2,50 € |
MODALIDADE DE ABONOS E TARIFAS
MODALIDADE | PREZOS | CONDICIÓNS |
---|---|---|
ABONO DE MAÑÁ | 18 € | Pódese utilizar a instalación de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas, beneficiándose dos descontos para abonados/as nos cursos que se fagan neste horario |
ABONO TERCEIRA IDADE | 21 € | Persoa maior de 65 anos que utiliza a instalación durante todo o horario de apertura, sen ningunha clase de limitación |
ABONO INDIVIDUAL | 30 € | Pódese utilizar a instalación durante todo o horario de apertura sen ningunha clase de limitación |
ABONO INDIVIDUAL MENOR DE 21 ANOS | 15 € | Pódese utilizar a instalación durante todo o horario de apertura, excepto o servizo de sauna |
ABONO FAMILIAR | 38,00 € | Matrimonio ou parella de feito legalmente recoñecida que usa a instalación durante todo o horario de apertura sen ningunha limitación. Os/as fillos/as poden utilizar a instalación co pago dos seguintes suplementos:
|
ABONO FAMILIA NUMEROSA | 38,00 € |
Desconto do 50% nos suplementos por fillo/a |
NOTA: Bonificación do 50% de desconto con certificación de discapacidade de máis dun 33%.
GASTOS MATRÍCULA
As persoas abonadas pagarán no momento de facer a súa inscrición a cantidade de 28 €.