PISTA MULTIDEPORTE
O Concello conta cunha nova infraestrutura que posibilitará a práctica de fútbol, baloncesto, voleibol e bádminton.
A nova pista, realizada en material de caucho en rolo de 5 mm, ten unhas dimensións de 14 x 19,5 metros. Inclúe un cerramento de Tramex de 2 metros de altura que rodea todo o perímetro para acadar unha maior seguridade para usuarios e usuarias, peóns e condutores que transiten pola zona. Esta barreira de seguridade inclúe o fondo das porterías a 3 metros, con acceso por un dos laterais, a área esta debidamente pintada en distintas cores (vermello para a base e gris para as áreas), e está dotada de elementos como aros, taboleiros, porterías brasileiras e de fútbol sala.
Inauguración da nova pista cos xogadores do CAB Obradoiro
NORMAS USO PISTA MULTIDEPORTE
-
Obrigatorio o uso de calzado deportivo (prohibida a entrada con zapatos de tacón ou calzado con tacos).
-
Prohibida a entrada con patíns, bicicletas ou calquera outro vehículo con rodas.
-
Non está permitido fumar nin o consumo de alimentos, lambetadas ou bebidas dentro do recinto.
-
Todas as persoas usuarias deben axudar a manter limpa a instalación.
-
O equipamento existente deberá ser correctamente utilizado para a súa boa conservación.
-
O Concello de Ordes declina calquera responsabilidade das lesións que se puidesen orixinar derivadas da práctica deportiva.
-
Gardarase o debido respecto ós demais usuarios e usuarias, mantendo a compostura necesaria para a debida convivencia.
-
A entrada ao recinto só será para a realización de práctica deportiva.
-
Prohibida a entrada con animais.
-
Aqueles/as que necesiten a rede de voleibol, poderán solicitala no concello (días laborables de 9:00 a 14:00 h.) sendo responsables da súa correcta instalación e tendo que devolvela no momento de rematar a actividade.
Apertura en horario continuo excepto dende o sábado ás 22:00 h. ata o domingo ás 9:00 h. e outras datas a considerar.