spacer
ROTEIRO SAN PAIO

No corazón da provincia da Coruña e enlazado ó Camiño Inglés de Santiago atópase a Ruta San Paio Buscás-Poulo. Un percorrido a través de camiños tradicionais, atravesando bosques de carballos, praderías, eucaliptais, cultivos ordenados polos tradicionais sebes e dous regatos.

A ruta parte da Igrexa de San Paio de Buscás, atravesa terreos de concentración parcelaria dedicados a cultivos forestais; pasa polo núcleo tradicional de As Pardiñas, aldea situada nunha paisaxe de mosaico de cultivos con todas as súas edificacións adxetivas; para mergullarse na ramaxe dunha fermosa carballeira e, compartindo un tramo do Camiño Inglés, chegar ó núcleo de O Outeiro, onde podemos visitar a Igrexa de San Xiao de Poulo para continuar camiño ata atoparnos co río Cobo e o seu pequeno muíño.

Ao longo do percorrido poderemos gozar dunha interesante oferta de turismo rural, tanto para aloxarse, como para unha comida tradicional moi auténtica.

ROTEIRO SAN PAIO