spacer
Antiga casa consistorial

Edificio de 1944 de catro plantas e aproveitamento de baixo cuberta, con semisoto e estrutura con cimentación e elevación de fachadas en formigón en masa, forxados de pisos, columnas e cargadeiros de formigón armado e tabicóns de ladrillo en peches de patio, caixa de escaleira e bufardas.
Orixinalmente o baixo cuberta acondicionouse unha parte para a vivenda do conserxe, dependencias que na actualidade se dedican a arquivo municipal. Na súa fachada principal soporta arcos de medio punto, rematados nunha xenerosa balconada con varanda metálica. Presenta unha cuberta a catro augas decorada na súa fronte por unha torre que aloxa un reloxo.
O seu estado de conservación é bo tanto no elemento como no seu contorno, que se complementa coa alameda.

Antiga casa consistorial

Localización