É a parroquia máis meridional de todo o concello, lindando ao sur co concello de Oroso e dentro do termo municipal ao norte coa parroquia de Pereira. A súa orografía é accidentada en termos xerais, de suave pendente na zona norte e máis acusada na sur, coincidindo co límite municipal.

As súas cotas máis altas danse ao noroeste, no Coto das Canicas (346 m) e as máis baixas ao suroeste, na Chousa de Varela (262 m), na confluencia do límite municipal co río de Ulloa, que augas arriba recibe o nome de rego de Cacheiro. O rego do Outeiro e o rego do Pumar son, polo leste, os afluentes do río Samo, que nun pequeno tramo fai as funcións de límite municipal. Ten unha superficie de 10,30 km² (6,6% do total) que a sitúa dentro das parroquias intermedias, próximas á media municipal, sendo a metade con respecto a parroquias como Ardemil (20,48%), non existindo grandes diferenzas con respecto ao resto das superficies, que van dos 6,64 km² de Pereira ata os 11,09 km² de Mercurín.

A súa disposición dentro do municipio, parroquia máis meridional, así como a proximidade a unha pseudobarreira artificial, a autoestrada A-9, sitúana nunha posición desfavorable no tema das vías de vertebración, que se atopan integradas por pistas de carácter municipal sen máis interese que a comunicación entre os diferentes núcleos que integran esta. É precisamente esta disposición a que condiciona os asentamentos cunha tipoloxía lineal predominante, salvo casos puntuais como son O Souto, Aldea de Baixo ou Vilasuso.

De igual modo a orografía condicionou os cultivos cunha primeira franxa no ámbito máis próximo ás vivendas a partir de praderías e pastos, que dan paso a grandes extensións de arboredo a partir de coníferas con pequenas extensións de matogueira cara ao leste.

Atópase dentro das parroquias que menos entidades achegan, 10 en total, moi por debaixo da media, que se situaría en 18 núcleos, e a cuarta parte con respecto a parroquias como Ardemil (35 núcleos) ou a terceira parte con respecto a Buscás (26 núcleos). Este valor en relación coa súa superficie dános unha densidade de núcleo de 0,97 por km². Estes repártense de forma homoxénea por toda a superficie, concentrándose máis cara ao interior, quedando os límites da parroquia máis despexados, circunstancia esta máis acusada na zona leste.

É no ámbito da Igrexa onde se atopan todos os equipamentos, como o campo da feira e a escola, así como o conxunto parroquial integrado por igrexa e cemiterio, que abranguen un nivel parroquial. 
 

Aldeas: Aldea de Abaixo, Cercedo, A Ermida, Fonte da Viña, A Igrexa, Nouche, Pontellos, Regueira, O Souto, Vilasuso

Arquitectura

Máis Información

  • 1030 Hectáreas
  • 274