spacer
Igrexa parroquial de Beán

Construída no Século XVIII. Ten unha planta rectangular de muros de cachotaría enlucida con morteiro de cemento e pintados de cor branca, agás os esquinais que son de cadeirado. Fachada principal con porta de acceso de lintel recto e sobre esta placa de pedra. Por enriba ventanal rectangular e espadana estilizada de dous ocos con senllas campás e remate de estrutura triangular curvilínea, con oco no centro e decorado con pináculos e sinxela cruz de ferro. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva.
O seu estado de conservación é bo, tanto a edificación como os seus arredores.

 

Localización