Pazo de Codeseda
O Pazo de Codeseda presenta unha planta cadrada con tellado a catro augas. Na fachada principal, tanto na parte inferior coma na superior ábrense diversos vans de canteira. No centro destaca o escudo e o carón dun balcón sobre canzorros, con balaustrada de pedra labrada.
Nunha das fachadas laterais vese a forma semicircular dun forno de pedra, que se utilizaba para cocer o pan. A casa de Codeseda estivo sempre unida á casa de Queirís (na parroquia de Santaia de Moar). Os Verea e Aguiar eran os donos de ambos os dous dominios.
Don Domingo Rodríguez de Verea e Aguiar e a súa muller, Dona María López de Verea fundaron no século XVII este pazo. Así se recolle no pequeno escudo que se encontra na capela pacega. Por vía matrimonial fóronse vinculando a esta casa diferentes familias: Os Caamaño,
os Seixas (procedentes da casa de Bascuas en Arzúa), os Pol (que veñen do pazo de Lermo nas inmediacións de Santiago), os Salazar e Alvarado (da casa da Ribeira no val de Barcia)...
No segundo tercio do século XVIII Don Jacobo Verea incrementa as dimensións do pazo e incorpórao o escudo que se ve na fachada principal, onde se representan os brasóns dos Aguiar, Vaamonde, Alvarado e Salazar.