spacer
Casa rural e horreo Antón Veiras

A Casa rural Antón Veiras é unha antiga casa de labranza de máis de 250 anos de antigüidade, claro expoñente da arquitectura rural galega. Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e ventás, que son de cadeirado. Carpintaría de madeira de cor marrón. Na súa fachada posterior destaca unha gran vidreira. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.
Destaca ao sur un sinxelo hórreo tipo "Mahía" de dous vans e tres pés, corridos en todo o seu ancho.
Tornarratos de pedra sinxela sobre o que descansan os linteis de madeira, así como os paramentos verticais. Os penais son de cachotaría sen lucir. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva.
A día de hoxe dedícase a turismo rural e o seu estado de conservación é bo.

 

Casa rural e horreo Antón Veiras

Localización