spacer
Casa Reitoral de Leira

Casa de planta rectangular e muros de cachotaría, agás os marcos de portas e ventás, que son de cadeirado, se ben hoxe en día se atopan recebos con morteiro de cemento e pintados de cor branca. Carpintaría de madeira e cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira. Pegada á súa fachada oeste, anexo en estado semiruinoso.
O seu estado de conservación non é moi bo, falto dunha rehabilitación tanto da súa fachada coma da súa cuberta, así como o ámbito no que se localizan as construcións.
 

Localización