Nesta nova edición participan os seguintes establecementos e firmas comerciais: Capitán (calzado), Carma (zapatería), Blanco moda infantil e xuvenil, Muxa (moda muller), Chic (moda muller), Alfombra Roja (zapatos), Dress (moda muller), Numa (moda muller), Peteiro (decoración) e Juan Carlos Varela (moda infantil).
     
     Tamén se habilitará un recuncho infantil para as persoas que visiten a feira. O xoves e venres o horario deste servizo irá de 18 a 20 horas. O sábado será de 10.30 a 12.30 horas e novamente de 18 a 20 horas.  

IX FEIRA DE OPORTUNIDADES