spacer
Pousada de Felipe II

En Poulo residiron os Río Maldonado, que no século XVIII se trasladaron a Santiago de Compostela acolléndose á protección dos arcebispos. Varios membros das familias obtiveron canongías en Santiago e Oviedo e cátedras na Universidade de Santiago de Compostela.
Nesta casa residiron figuras tan importantes como Francisco Antonio del Río Maldonado, que foi Médico do Real Hospital de Santiago de Compostela e tamén do Santo Oficio da mesma localidade. Enlaces matrimoniais levaron á liñaxe dos Turnes a vincularse a esta familia. Sendo
un dos descendentes don Andrés Vicente de Turnes Sánchez, que chegou a ser avogado da Real Audiencia, Alcalde de Santiago e Figura e Deputado do Común entre outras ocupacións.
Tamén destacou nesta familia don Vicente de Turnes Maldonado, o "Cego Turnes", que foi poeta en galego e castelán a principios do século XIX, ademais de exercer de xornalista. Son publicacións súas as seguintes: "Diálogos na Alameda de Santiago" e "O Faladoiro de Picaños".
A casa de Poulo tamén ten interese porque alí foi onde pasou a noite o Rei Felipe II de España, no ano 1554, cando viaxaba de Coruña a Santiago.

O 25 de xuño de 1554, Filipe II, aínda príncipe e despois de peregrinar a Compostela, pasou a noite no lugar de Rúa, na parroquia de Poulo, camiño da Coruña para embarcar rumbo a Inglaterra e contraer matrimonio con María Tudor. O capítulo quedou inmortalizado nunha inscrición no lintel da porta.

Nesta casa tamén podemos ver un escudo, situado no lintel da porta, que o Concello de Ordes tomo como referencia para facer o seu escudo.

Casa rural tradicional de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, sen recebo, con estrutura de B+I e cuberta a dúas con acabado de tella curva sobre armazón de madeira.
O seu estado e de abandono.

Localización