spacer
Igrexa parroquial de Vilamaior

Igrexa de planta rectangular con ábsida e sancristía pegada a este, con estrutura a partir de muros de cadeirado no primeiro tramo e cachotaría recebos con morteiro de cemento e pintadas de cor branca, agás os marcos de portas e vendas, que son de cantería no resto. En fachada principal porta de acceso de lintel recto con enmarcado moldurado perimetral e sobre este ventanal rectangular. Non posúe espadana. O resto de ventanais son abucinados. Cuberta a dúas augas en nave principal, catro na ábsida e tres en sancristía, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira. O seu estado de conservación é bo, falto dun repintado dos paramentos recebados, así como limpeza e reposición de tellas de cuberta.

Localización