spacer
Igrexa parroquial de Poulo

Igrexa de dous corpos con estrutura de muros de cachotaría recebos con morteiro de cemento e pintados de cor branca, salvo en arranque e esquinais de corpo posterior, que son de cadeirado. Na súa fronte porta de lintel recto, coroada por métopa e bufarda rectangular estilizada, con frontón que remata en espadana de dous ocos con senllas campás e remate de estrutura sobre volutas dun solo oco con campanil e decorado con pináculos e sinxela cruz de ferro.
O seu estado de conservación é bo, falto dunha rehabilitación das súas fachadas.

 

Localización