Igrexa parroquial de Parada
Parte da igrexa, en concreto, o frontis rematou de construírse en 1862. Ten unha nave de planta rectangular, os muros combinan partes encaladas e descubertas. A fachada ten unha porta alintelada, así como ventá rectangular, decorada por enriba cunha cruz branca. Sancristía pegada a un dos laterais, espadana con dobre corpo, ao que se accede por unha escalinata exterior. Ten retablo con esculturas no interior.
O seu estado de conservación é bo.