spacer
Igrexa parroquial de Montaos

Igrexa de planta rectangular con estrutura a partir de muros de cachotaría enlucida con morteiro de cemento e pintada de cor clara, Agás os marcos de portas e Ventás que son de cantería. Fachada principal de cadeirado rematado nunha espadana estilizada de dous ocos con senllas Campás e remate de estrutura triangular curvilínea, con oco no centro e decorado con Pináculos e sinxela cruz de ferro. Porta de acceso de lintel recto e enmarcado perimetral cunha bufarda rectangular por enriba, Tamén enmarcado e decorado en aleiro con Pináculos. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.
O seu estado de conservación É bo, tanto no seu elemento como o seu Ámbito.

 

Localización