Igrexa parroquial de Leira
Igrexa de planta de cruz latina con sancristía pegada en lateral da cabeceira. Muros de cachotaría recebos con morteiro de cemento e pintados de cor branca, salvo os esquinais que son de cadeirado. Fachada principal de cantería de xuntas pintadas de branco, con porta de acceso de lintel en forma de arco de medio punto e doelas decoradas con sucesión de arcos en profundidade descendente, con sinxelo ventanal rectangular sobre esta. Cuberta a dúas augas con rematado de pranchas de fibrocemento decorado na súa fronte por unha espadana estilizada de dous ocos con senllas Campás e remate de estrutura triangular curvilínea, con oco no centro e decorado con pináculos e sinxela cruz de ferro.
O seu estado de conservación é bo, tanto o elemento en si como o seu ámbito.