spacer
Igrexa parroquial de Buscás

Igrexa de orixes Románicas reformada nos s. XVIII e s. XIX. Ten unha nave de planta rectangular, muros de cantería e cuberta a dúas augas. Na fachada ten unha porta  enmarcada por un arco de medio punto e arquivoltas, a externa decorada con motivos xeométricos e asentada sobre dúas pequenas columnas con capitel esquematizado. Enriba hai un van rectangular. Sancristía pegada a un lateral da cabeceira, espadana de dobre corpo con dous arcos de medio punto, coroamento triangular con arco e decorada con pináculos rematados en bóla. Na súa fachada este ten un arco lobulado de ferradura e esculturas.
O seu estado de conservación é bo, tanto o elemento en si como o seu ámbito.

 

Igrexa parroquial de Buscás

Localización