Casa rural Dona María
A casa rural Dona María é un dos exemplos máis antigos das denominadas casas das agras da bisbarra galega de Ordes. Crese que as súas orixes se atopan unidas a próxima igrexa Románica de San Paio de Buscás. Construción tradicional de planta rectangular, con corpo pegado na súa fachada norte e estrutura de B+I a partir de muros de cachotaría sen lucir, excepto os ocos de portas e ventás, que son de sillería, con carpintaría de aluminio, onde cabe destacar a altura con respecto ao ancho. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre estrutura de madeira.
![Casa rural Dona María](/turismo/cache/scene/uploads/arquitecturas/imaxe_detalle/6ab/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0LE0Md_/_AxNTZXsq4FAA==_/5718e97734-2015-05-21-14.58.56.jpg)