spacer
Casa Reitoral de Buscás

Casa tradicional de pedra con estrutura de B+I a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e ventás, que son de cadeirado. A carpintaría é de madeira en cor verde e bordeando os perpiaños cordón de cemento pintado en cor branca. Destaca o seu extremo sur pola falta de encintado de fachada. Cuberta a catro augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira e rematado por unha cheminea cara ao norte.
O seu estado de conservación é bo se ben é certo que unha mellora en cuberta, así como nos arredores, melloraría o conxunto.
 

Localización