spacer
Capela de Sta. Bárbara (Sto. Cristo da Misericordia)

Capela de planta rectangular e estrutura a partir de muros de cachotaría, agás os esquinais e marcos de portas e ventás, que son de cantería. Na súa fronte, sinxela porta de lintel recto e sobre este cuarterón en pedra con escudo e unha cruz nun lateral. Cuberta a dúas augas con cornixa de pedra en laterais e rematado de tella curva sobre armazón de madeira, con remate de Santa en cumbrera da parte posterior e sinxela espadana dun solo oco con rematado en arco de medio punto, con remate de cruz de pedra, na súa fronte.
Atópase perimetralmente delimitada por un murete de bloques e aramada con postes de formigón, sendo o seu estado de conservación bo.

 

Capela de Sta. Bárbara (Sto. Cristo da Misericordia)

Localización