spacer
Capela de San Pedro

Capela de planta rectangular e estrutura de muros de cachotaría recebos con morteiro de cemento e pintado de cor branca. Cuberta a dúas augas con avance sobre porta principal e estrutura de madeira, soportada por dúas columnas de pedra, integradas por perpiaños amoreados, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira. Non presenta espadana e decorada en cumbrera por sinxela cruz de pedra.
O seu estado é de certo abandono, tanto no elemento en si como no seu ámbito, sendo o seu acceso dificultoso.

 

Localización