spacer
Capela da Nosa Señora das Mercedes

Capela de planta rectangular e sancristía pegada en lateral posterior, con estrutura a partir de muros de cachotaría recebos con morteiro de cemento e pintados de cor branca, agás os marcos de portas e ventás, que son de cadeirado. Porta de acceso na súa fronte de lintel recto e ventá rectangular. Cuberta a dúas augas que se estende sobre a sancristía, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira e decorada con espadana estilizada de dous ocos con senllas Campás e remate de estrutura triangular curvilínea, con oco no centro e decorado con pináculos e sinxela cruz de ferro.
O seu estado de conservación é malo sendo necesaria unha rehabilitación do conxunto, máxime se temos en conta que por aquí pasa o camiño de Santiago (Camiño Inglés).

Localización