Campanario
Campanario que pertence á Igrexa Parroquial de Vilamaior integrado por un muro de cachotaría coroado por unha espadana de cantería de dous ocos con campá e campanil decorada horizontalmente por moldura á altura do soporte destas e na parte alta e rematada con pináculos e adornos que forman a base dunha sinxela cruz metálica. Pegada a unha das súas caras, presenta unha construción con estrutura a partir de muros de cachotaría e cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira. Ao alto accédese a través unhas escaleiras de pedra.