spacer
Pazo dos Carrucheiros

Vivenda de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e ventás, que son de cadeirado. Na súa fachada principal destacan a galería, perfectamente integrada no seu conxunto, e o seu escudo enriba da porta principal. Cuberta a catro augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira. Sufriu diferentes reformas como son a apertura de ocos na súa fachada principal, así como o paramento da á sur, que hoxe en día presenta un aplacado de pedra sobre bloque.
O seu estado de conservación é bo sendo necesaria unha limpeza do seu ámbito.

Localización