Igrexa parroquial de Pereira
Igrexa de planta rectangular de dous corpos, ambos os dous con estrutura de muros de cachotaría recebos con morteiro de cemento e pintado de cor branca, salvo os esquinais e marcos portas e ventás, que son de cadeirado, así como os contrafortes no corpo posterior. Fachada principal dividida horizontalmente mediante fiada de pedra, con porta alintelada e fornela en parte inferior, e ventanal cadrado en superior. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira, con remate de espadana estilizada de dous ocos con senllas campás e remate de estrutura triangular curvilínea, con oco no centro e decorado con pináculos e sinxela cruz de ferro.
O seu estado de conservación é bo.