spacer
Piscina o aire libre "O Muiño"

A piscina exterior “O Muíño” foi construída durante os anos 80 pero ao longo de todo este tempo realizáronse tarefas de mantemento para garantir a calidade das instalacións.

A piscina está situada no centro do núcleo urbano do concello de Ordes, concretamente na Rúa do Muíño, s/n. O seu horario de apertura é de 11 a 21 h. ininterrompidamente.

Dentro das instalacións da piscina temos que destacar que contan con dous vasos: un vaso grande e outro infantil. As características dos vasos son:

O fondo e as paredes dos vasos están revestidos de material liso, antiescorregadizos, impermeables e resistentes aos axentes químicos.

A pendente do fondo do vaso non supera o 30% para facilitar o seu baleirado.

O fondo dos dous vasos, independentemente da súa capacidade, dispón dun desaugadoiro xeral de gran paso, que permita a evacuación rápida da totalidade da auga e dos sedimentos e residuos nela contidos. Este desaugadoiro de fondo está adecuadamente protexido mediante dispositivos de seguridade.

Os dous vasos contan con rebordadoiros perimetrais con bordos arredondados e antiescorregadizos.

Para o acceso á auga do vaso grande instalamos catro escaleiras con brazos antiescorregadizos e sen arestas vivas, construídas con material inoxidable de fácil limpeza e que garante a seguridade dos usuarios e usuarias.

O vaso infantil carece de escaleiras porque o deseño garante a accesibilidade e non existe risco para os usuarios e usuarias á hora de acceder ao vaso.

Ao longo de todo o período estival desenvólvense accións encamiñadas a conseguir unha óptima calidade sanitaria da auga dos vasos, tales como a depuración física e química da auga, a renovación mediante adición de auga de achegamento, así como a realización de controis operativos ou rutineiros que poñen de manifesto a eficacia das actuacións. O sistema de tratamento da auga consiste nun dosificador de cloro líquido e empregamos produtos como floculante e alxicida para garantir a claridade da auga.

As instalacións caracterízanse pola súa accesibilidade tanto nas zonas dos vasos coma nos vestiarios, duchas e servizos e tamén posúen unha zona restrinxida e destinada ao bar.

Piscina o aire libre "O Muiño"

Máis Información

Piscina o aire libre "O Muiño"