Nunha análise histórica constátase a redución da ocupación na agricultura. O 27,26% dedicábase a ela en 1991, reducíndose ao 11,88% en 2001. A taxa actual reduciuse froito da diversificación noutros sectores.

O sector que máis se favoreceu desta diversificación foron os servizos. Ocupaban o 33,41 % en 1991, ascendendo ao 40,65 % en tan só dez anos. A súa taxa de ocupación actual sitúan o sector como a rama principal da ocupación.

  1989 1999
Terras labradas 2.023 Ha 2.458 Ha
Terras para pastos permanentes 2.661 Ha 3.560 Ha
Esoecies arbórear forestais 2.821 Ha 2.145 Ha
Outras terras forestais 3.811 Ha 3.100 Ha
TOTAL 11.316 Ha 11.263 Ha

En canto aos outros sectores, a construción diminuíu desde o 20,25 % en 1991 ao 19,08% dez anos despois. A industria experimentou un ascenso da súa ocupación, sobre todo o que atinxe á industria manufactureira, pasando do 19,15 % no 1991 ao 27,98% de 2001.

Distribución da superficie territorial segundo o seu uso

Do cadro anterior despréndese que aumentou tanto a superficie de terras labradas como as terras dedicadas a pastos, en detrimento da destinada a forestal, mentres que se manteñen, en coherencia co mantemento do número de cabezas de gando bovino que se expoñía anteriormente.

Os cultivos principais que se realizan no concello de Ordes, do mesmo xeito que no resto da comarca, son os cultivos forraxeiros e os tubérculos.

Número de explotacións (2017)
Numero de explotacións 610
Número de parcelas 38.733
Número de vaca 5.897
Número total de bovinos 9.797
Maquinaria (1999)
Motocultores 1.840
Tractores 1.033
Colleitadoras de cereais 24
Outras colleitadoras 98
Relación da poboación coa actividade económica (2001)
Poboación activa 5.599
Poboación de ocupados 5.082
Poboación de parados 517
Poboación inactiva 4.779
Porcentaxe na relación da poboación coa actividade económica (2001)
Taxa de actividade 54,0%
Taxa de ocupación 49,0%
Taxa de paro 9,2%