spacer
Encoro de Vilagudín

O encoro de Vilasenín, tamén chamado San Cosmade, recolle as súas augas do río Portigo de Vilasenín e data de comezos dos anos 80. Está destinado ao abastecemento de auga á poboación da comarca e a industria (central térmica de Meirama).

É unha presa de gravidade, de planta recta, co paramento de augas arriba vertical e con talude de 0.76 augas abaixo. Dispón dun aliviadoiro  de lámina libre sen comportas, situado nos bloques sobre a canle do río e cun amortecedor de resalto hidráulico.

Estas masas de auga dan unha oportunidade ás aves acuáticas para prosperar nunha ampla zona do corazón da provincia da Coruña. Podemos desfrutar dun importante número de patos, mergullóns, corvos mariños e gaivotas en especial en outono e inverno. Miles de gaivotas usan estes espellos de auga como lugar de descanso e limpeza da súa plumaxe fóra da época de cría.

Tamén son cotos de pesca intensiva.

Nome da presa Vilagudín Tipo de presa Materiais soltos formigón
Outro nome   Altura dende cementos (m) 33,000
En fase de  Explotación Lonxitude de coronación (m) 497,700
Titular da presa Unioón Fenosa Generación S.A. Cota coronación (m) 284,500
Proxectista R-Hoyo Cota cimentación (m) 251,500
Categoría según risco A Cota cauce (m) 258,000
Fin das obras 01/01/1979 Volume corpo presa (m3/s) 248,620
Recrecemento -- Nº de desaugues 000
Coordenadas

43°  5'  56.48794247377113"  N
8°  29'  57.473144531249986"  W

Capacidade desaugue (m3/s) -
Uso do embalse Industrial - - Nº de aliviadeiros 001
Usuarios - - Capacidade aliviadeiros (m3/s) 250,000 -
    Regulación No, labio fixo -
Datos hidrolóxicos      
Superficie da cunca (km2) 52,000 Datos Xeográficos  
Aportación media anual (km3) 26,000 Río de ubicación Veduido
Precipitación media anual (mm) 1500,000 Municipio Tordoia
Avenida de proxecto (m3/s) 250,000 Vertente Galicia Costa