spacer
Igrexa parroquial de Mercurín

Igrexa rectangular con sancristía pegada no lateral da cabeceira, con estrutura de muros de cachotaría en lucidos con morteiro de cemento e pintados de cor branca, agás a fachada principal que é de cantería. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira e remate en cumbrera de sinxela cruz de pedra. Porta alintelada, van rectangular e espadana estilizada de dous ocos con senllas campás e remate de estrutura triangular curvilínea, con oco no centro e decorado con pináculos e sinxela cruz de ferro.

Igrexa parroquial de Mercurín

Localización