spacer
Ermida de San Xosé

O seu estado de conservación é bo, non atopándose acorde co seu ámbito.
Construción de planta principal rectangular e sancristía pegada a este con muros de cachotaría encintada con morteiro rosado, agás os marcos de portas e ventás, que son de cantería, presentando solo nas xuntas destas cordón de cemento, pintado de branco. En fachada principal porta sinxela de lintel recto e sobre esta fornela en cantería cunha imaxe de San Xosé. Cuberta a dúas augas que se estende sobre o anexo, con rematado de tella curva sobre estrutura de madeira e rematado na súa fronte por unha espadana de dous ocos, que aloxan senllas campás e decorado con pináculos.

 

Localización