spacer
Antiga estación de ferrocarril

Antiga estación de tren con estrutura de B+II, a partir de muros de cadeirado, recebos nalgúns tramos, sobre todo das plantas superiores, con morteiro de cemento e pintados de cor clara. Destacan as ventás con remate en forma de arco apuntado, que alternan en fachada principal con remate de medio punto. As ventás da planta superior son rectangulares e encaixadas nunha decoración que imita á madeira.
Cuberta a catro augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira e remate en esquinas con estruturas cilíndricas e pináculos.
O seu estado de conservación é bo e atopa en fase de rehabilitación, tanto do edificio como o seu ámbito, ao ser modificado o trazado da vía do tren co paso do AVE polo municipio, coa intención de convertelo nun referente sociocultural. 
 

Antiga estación de ferrocarril

Localización