Organizado polo Grupo de Danzas AA.CC Veciños de Leira, terá lugar o domingo 21 de xullo no campo da festa local. Participarán media ducia de formacións vidas de distintos puntos das provincias da Coruña e Pontevedra

O domingo 21 de xullo é a data escollida para a celebración do XXVII Encontro de Grupos de Danzas Rexionais, organizado polo Grupo de Danzas AA.CC Veciños de Leira en colaboración co Concello de Ordes. Será a partir das 18 horas cando arranque este festival que, como cada ano, se desenvolverá no campo da festa de Leira, situado a carón da capela de Santa Eufemia. 

     Nesta ocasión serán media ducia as formacións e grupos que participen. Ademais dos anfitrións, contarase coa presenza das seguintes formacións chegadas das provincias tanto da Coruña como de Pontevedra: O.C.T. Chorima (Rois), Grupo de Baile Rexional Helios S.C.R.D. de Bembibre (Vigo), Grupo de Danzas Tradicional Churia (Zas), Grupo de Danzas Simalveira Cangas de Morrazo (Io) e Pinga de Troula (Galegos). 

    Previamente terá lugar unha comida campestre na que o churrasco será o prato principal. Para apuntarse pódese facer a través do teléfono 608925538. O prezo é de 10 euros por persoa. Ademais, despois das actuacións tamén se servirán petiscos para todos os músicos e bailaríns. 

XXVII Encontro de Grupos de Danza Rexionais