O Concello de Ordes celebra a XXIV edición da súa Carreira Popular o domingo 30 de xuño de 2019 na localidade de Ordes, asemade da Andaina contra o cancro, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago).

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

HORARIO DAS PROBAS

Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada proba, sita a mesma enfronte da Casa Consistorial.

HORARIO CATEGORIA PERCORRIDO
10:00 h Sub 14 e Sub 16  2150 metros
10:10 h Andaina  4200 metros
10:30 h Baby e Prebenxamín  400 metros
11:20 h Sub 18, Sub 20-Sub 23-Senior e Master  8300 metros
11:30 h Sub 10 e Sub 12  1000 metros

INSCRICIÓNS: 

PULSA PARA INSCRIBIRTE

O prazo de inscrición rematará o mércores 26 de xuño de 2019 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. 

Os dorsais e os chips recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN sita a carón da Casa do Concello ata MEDIA HORA antes do inicio da proba correspondente.

TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO

PREMIOS EN METALICO
  1º Clasificado 2º Clasificado 3º Clasificado
PREMIOS INDIVIDUAIS
Iguais para mulleres e homes
150 € 80 € 50 €
PREMIOS POR CLUBS FEDERADOS 150 € 100 € 50 €
PREMIOS POR GRUPOS DO MUNICIPIO 150 € 100 € 50 €

REGULAMENTO

XXIV CARREIRA POPULAR E ANDAINA