Unha convocatoria que no caso da comarca vai dirixida aos habitantes de Ordes e Cerceda, concellos xa englobados no programa que leva o mesmo nome. Na categoría de adultos/as poderán participar as persoas maiores de 18 anos e na de menores de 5 a 17 anos (necesaria autorización). En ambos os casos poderanse presentar de forma individual ou en grupos de catro persoas como máximo. 
     A temática sobre a que versarán os traballos presentados será a sensibilización e a loita contra a violencia de xénero, quedando excluídos aqueles que conteñan contidos obscenos, violentos, xenófobos ou calquera outro que atente contra a dignidade das persoas. A técnica será libre. O bosquexo será enviado en formato PDF, tamaño DIN A4, a cor e incluirase  un pequeno texto explicativo en galego, ademais dunha listaxe cos requisitos técnicos e materiais (non poderán exceder dos 100 euros).
Premio Ipod 
A persoa gañadora de cada unha das categorías recibirá un IPOD TOUCH de 32 GB. Posteriormente a obra seleccionada realizarase nun lugar público determinado, cunhas dimensións aproximadas de 2x3 m, ademais de difundirse nas páxinas  www.dacoruna.gal e www.quendixomedo.gal. Precisamente nesta última pódense consultar as bases desta convocatoria.
    O prazo de admisión de deseños será dende o día 14 ata o 24 de novembro, ambos incluídos. Enviaranse a través do correo electrónico ao enderezo info@quendixomedo.gal, acompañados da folla de aceptación dos compromisos e a autorización de datos de carácter persoal cos datos requiridos, que se poderán descargar no enderezo www.quendixomedo.gal.

Concurso de pintura mural Quen Dixo Medo?