Localízase lindando cos municipios de Carral ao norte, Cerceda ao noroeste e Abegondo e Mesía ao leste. Dentro do termo municipal fai o propio coa parroquia de Leira ao oeste, Buscás ao sur e Vilamaior ao sueste.

A súa orografía caracterízase pola súa pendente acusada, dándose as cotas máis altas ao norte, nas proximidades do Mesón do Vento, e máis concretamente no Alto de Ribieiro (464 m) para ir descendendo cara aos Montes de Gómez García (391 m), dándose as súas cotas máis baixas no límite coa parroquia de Buscás, ao sur, con 285 m.

Tres son os cursos principais que discorren segundo orientación norte-sur: polo leste o río Traveso, que fai as funcións de límite municipal co concello de Abegondo; polo centro e cara á zona sur o rego de Portomanteiga, que augas abaixo recibe o nome de río Cabrón; e por último o río Pequeno, que polo oeste fai as funcións de límite parroquial. Pola zona norte destacamos o rego Fonte da Pedra, que verte as súas augas ao Encoro de Vilasenín.

No referente á superficie por parroquia é con 20,48 km² a que maior achega (13%), chegando a duplicar máis da metade de parroquias, sendo a parroquia de Pereira (6,64 km²), a máis pequena. No referente ao seu entramado viario atopámonos cunha dobre lectura: por un lado temos o extremo noroeste, ben comunicado, onde destaca a N-550, que ao seu paso polo Mesón do Vento enlaza coa DP-2405 cara a Cerceda e coa C-542 cara a Carral, e pola contra a zona sueste, peor comunicada, que se serve de pistas de carácter municipal.

En canto aos cultivos e usos do chan, destaca o predominio do pasteiro nas proximidades dos núcleos, que dá paso a amplas extensións de arboredo, atopándose salpicadas por áreas de matogueira. Esta parroquia é sen dúbida a que maior número de entidades de poboación achega, 35 en total, o que supón o 15%, chegando a duplicar parroquias como Barbeiros, Mercurín ou Parada, e mesmo triplicar parroquias como Beán, Poulo ou Lesta.

As entidades de poboación non se reparten de forma homoxénea ao longo de toda a parroquia senón que tenden a facelo pola zona norte e sur, quedando o nordés máis despoboado, chegando a existir diferenzas entre ambas as dúas, atopando os núcleos do norte máis dispersos e os do sur máis próximos, chegando a crear continuidade entre eles, como son o caso das Mámoas, A Fraga, O Campo e O Porto.

A tipoloxía máis característica é a de núcleo disperso de vivendas localizadas ao longo do entramado viario, salvo núcleos máis illados onde é de núcleo concentrado, con vivendas en medianeira e rodeadas de numerosos anexos, como son o caso de Orellán de Arriba, Orellán de Abaixo, As Raposeiras, Porta do Nó, Adina Vella de Arriba e A Barcula. A repartición de poboación atópase ligada á súa comunicación e moi dispar, onde os núcleos da Brea (117 hab.), na DP-2405, e O Mesón do Vento (314 hab.), na N-550, son os máis poboados, chegando entre ambos os dous ao 41% do total.

En termos xerais, o núcleo máis importante é o do Mesón do Vento, que integra gran cantidade de servizos do sector terciario e onde podemos destacar, polo seu carácter supramunicipal, o repetidor que para tal efecto ten a televisión pública española (R.T.V.E). 

Aldeas: Achán, Adina, Axáns, A Barcula, Cabeza de Lobo, O Canedo, A Carballeira, A Carreira, Os Carrucheiros, O Castro, A Filgueira, A Fraga, Froxil, As Mámoas, Mesón do Vento, Morgade, Moscoso, Orellán, O Pazo, A Piolla, Porta do Nó, O Porto, As Raposeiras, A Reboira, A Salgueira, O Seixo, Xenarde, A Hedra

Arquitectura

Aloxamento

Donde Comer

Restaurante Avelino

Restaurante Avelino

  • Café-Bar/Restaurante
  • A Quenlla, 1, Mesón do Vento, 15689 Ordes - A Coruña
  • 981 692 904
Más información
Restaurante Canaima

Restaurante Canaima

  • Café-Bar/Restaurante
  • Est. Coruña-Santiago, Km. 27 15689 Ordes - A Coruña
  • 981692801
Más información
Chaussy II Restaurante

Chaussy II Restaurante

  • Restaurante
  • Lg. Moscoso Nº 10, Meson do Vento. 15689 Ordes - A Coruña
  • 981692758
Más información

Máis Información

  • 2048 Hectáreas
  • 1039