spacer
Parada de Taxis

A parada de taxis de Ordes está situada na rúa Parque Municipal, ao lado do edificio consistorial. Conta con 11 taxis, 1 deles adaptado ás necesidades das persoas con mobilidade reducida. O seu servizo está dispoñible todos os días da semana en horario de 7 a 22 horas, agás os sábados, nos que o servizo é de 24 horas.  A parada conta cunha marquesiña de aceiro e cristal para protexer os usuarios e usuarias das inclemencias meteorolóxicas. Tamén conta cunha wi-fi gratuíta para facer máis amena a espera dos usuarios e usuarias do servizo.

Máis Información

Parada de Taxis

  • R/ Parque Municipal, S/N. 15680 Ordes (A Coruña)
  • 981 680 733