spacer
Museo Xoxardo

Leonardo Recouso Santos, natural de Ordes, naceu o 9 de outubro de 1950, viviu ata os 30 anos en A Coruña.

Ainda que se sentiu atraído dende a infancia polo debuxo, ata os 21 anos non recibiu instrucción artística, sendo a Escola de Artes Aplicadas de A Coruña o centro onde ceñeceu os fundamentos do debuxo lineal e artístico, modelado en barro, talla en madeira e baleirado en escaiola. Posteriormente asistiu durante un ano a clases de pintura con ovo artista coruñés Yun, falecido pouco despois.

No ano 74 Xoxardo marcha a Madrid, onde viviu unha longa tempada de bohemia, realizando os máis variados traballos, debuxando e pintando para vender no “Rastro”.

No 76 regresou a Coruña e comezou unha serie de exposicións de debuxo e pintura nas máis importantes ciudades galegas, Madrid e Zaragora.

No ano 79 ilustra con gravados o libro de poemas “El otro origen del mal”de Javier de Blas.

No 80 casa con Mª José e instala o seu taller de traballo en Esteiro (Pontedeume). Debuxou para o semanario A Nosa Terra, a revista de arte La Galga e os xornais El Ideal Gallego e A Voz de Galicia.

No 85 obtivo o segundo premio de muráis no certame convocado por Leyma e unha bolsa da Deputación da Coruña para estudar en Perú, durante 3 meses, o cromatismo nas culturas precolombinas.

Nos últimos anos estivo adicado ao gravado en zinc, coa técnica de augaforte, que expuxo en varias ciudades españolas.

Xoxardo evolucionou dende o debuxo expresionistatenebrista dos anos 70 ata unha temática máis lírica que resolve con xogos de liñas e volumes, en movementos, de clara tendencia surrealista.

Da súa obra ocupáronse entre outros, os críticos Mario Antolín, Fernando Mon, García-Lastra, Javier Blas, Antonio Esteban e López Castro.