Tras o remate das obras de instalación os xogadores do equipo compostelán serán os primeiros en facer uso da pista multideporte situada no Campo da Feira. Afeccionados, afeccionadas e rapazada poderán compartir con eles tiros, lanzamentos e rebotes

Xogadores e corpo técnico do Monbus Obradoiro CAB visitarán Ordes o vindeiro martes, 15 de maio. A partir das 17.30 horas e aproximadamente durante unha hora estarán cos rapaces, rapazas e calquera afeccionado que queira compartir pases, tiros e rebotes con todos eles. Todo isto terá lugar na pista multideporte situada no Campo da Feira, que ese día abrirá ao público tras o remate das obras de instalación. No caso de chuvia a cita trasladarase ao pavillón Castelao I.

Para facer posible esta visita contouse coa colaboración inestimable de Carpintería Ramón García S.L.

INAUGURACION DA NOVA PISTA MULTIDEPORTE CO MONBUS OBRADOIRO CAB