Terá lugar no pavillón Castelao I o I Trofeo Xunta de Galicia, onde os patinadores e patinadoras da primeira categoría nacional realizarán as coreografías correspondentes aos programas largos. Na pista poderase ver unha ampla selección dos e das mellores deportistas de toda a provincia procedentes de 16 clubs distintos. Está confirmada a asistencia de 5 campións nacionais , 2 europeos e a número 3 do mundo. Cómpre sinalar tamén a participación de Lucía Deus (alevín), Laura Montero (infantil), Alba Diéguez e Lara Reboredo (cadetes), integrantes do Club de Patinaxe Galia (Ordes).

O campionato comezará ás 9 e finalizará ás 22 horas. Durante a mañá será a quenda para as categorías infantil, xuvenil, júnior e sénior. Xa pola tarde será o momento para os benxamíns, alevíns e cadetes. Está organizado polo Club de Patinaxe Galia e patrocinado por Deleite. Ademais tamén colaboran a Deputación da Coruña, Deporte Galego, Federación Galega de Patinaxe, Xunta de Galicia e o Concello de Ordes.
 

I Trofeo Xunta de Galicia de patinaxe, este próximo domingo en Ordes