O vindeiro 26 de xaneiro de 9 a 13.30 horas a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores prestará o seu servizo na nave de gando situada no campo da feira do Mesón do Vento.

Para solicitar cita previa pódese facer a través do teléfono 902309000, ou ben na páxina web www.sycitv.com. Cómpre ter en conta que a admisión de vehículos con características especiais quedará condicionada á posibilidade de realizar as operacións regulamentarias de inspección.

ITV ciclomotores