Terá lugar o 22 de outubro no restaurante Barreiro, en Leira. Sortearanse agasallos doados polos comerciantes e haberá servizo gratuíto de autobuses dende a alameda

O domingo 22 de outubro a AECC Ordes celebrará a súa VII Comida Baile Solidaria. Terá lugar no restaurante Barreiro, na parroquia de Leira, ás 14.30 horas, e as entradas para poder participar xa se poden adquirir no mesmo restaurante e no bar Saloon (Ordes) por 30 €.

     No acto levarase a cabo o habitual sorteo de agasallos doados polos comerciantes de Ordes. Novamente porase á disposición das persoas asistentes un servizo gratuíto de autobuses, que sairá ás 14 horas da Alameda de Ordes, grazas á colaboración de Autos Rogelio. 

    A comida solidaria organizada pola AECC Ordes é un dos actos sociais máis destacados do municipio no que cada ano aumenta o gran número de comensais, sendo case 400 na edición pasada o que supuxo uns ingresos de arredor de 2000 €. Entre eles non faltan representantes de todos os estamentos e sectores da sociedade ordense, da corporación municipal, así como membros e cargos destacados da AECC da provincia.

VII Comida Baile Solidaria