spacer
Pazo de O Bidueiro

Esta clásica construcción pacega do século XVII, con máis de 350 anos de vida, atópase estreitamente ligada a terra e a súa producción mediante o sistema de Foros, foi rehabilitada e acondicionada polos actuais donos.
O Pazo ten planta rectangular e fachada en “L” que abre a súa escuadra, levemente desenrolada cara o norte. Na ala menor atópase a porta principal a cal accedese a partir do portón. Cara a parte de atrás ábrese unha solaina cuberta, a cal accedese desde unha escaleira. Na fachada leste pódese ver o escudo que data do século XVII. Un emparrado percorre a fachada sur. Edificación de dúas plantas. Fábrica de cachotería de granito lucida e pintada en branco.
Os seus orixes vincula o Pazo á familia Becerra, importante xa na idade Media en Galicia. Os Becerra víñan da fortaleza do Val de Veiga (parroquia de Santa María de Celas) onde exerceron de casteláns da torre, cuxos fundadores iniciais foron os señores de Andrade. Durante varias xeracións
procuraron casarse entre eles, para aumentar os seus bens, anexionando o das outras ramas da familia. Esta tradición rompeuse ao casar Dona María da Esclacitud Becerra con Don Bernandino José de Rioboo e Seixas, fillo dos señores das Torres de Alto (Baio) e da Casa de Cabaas. Con este matrimonio o patrimonio dos Rioboo aumenta ao incorporarse a Casa de Bidueiro, a de Gotón, a de Encrobas e a casa da rúa Nova  compostelá,   que   pertencía   a   os   Becerra.   Este   patrimonio   é    trasmitido   aos descendentes dos López Rioboo. Os escudos que atópanse no pazo, evocan aos Torre, Bermúdez, Caamaño, Castro, Villardefrancos, Rioboo e Varela. O terreo atópanse amurallado e rodeado por unha vella e frondosa arboredo. O edificio está próximo ao camiño e un muro divide en dous patios o espazo que hai diante del. A horta, separada por outro muro, dedicada a pastos e árbores froiteiras; hai un hórreo. Solaina na fachada Sur.

A Capela, de planta rectangular, atópase no outro lado da muralla da finca.

Pazo de O Bidueiro

Localización