spacer
Igrexa parroquial de Ordes

O seu estado de conservación é bo, tanto no elemento en si como o seu ámbito, que se complementa cun cruceiro de bela factura.
Igrexa orixinariamente Románica, pero sofre importantes reformas a máis significativa en 1864.
Ten unha nave de planta de cruz latina, os muros de cachotaría encalados con pezas de cadeirado enmarcando portas, ventás ou na cornixa. A fachada ten porta alintelada con arco de medio punto e cornixamento sostido por ménsulas. Enriba un van con arco de medio punto e un frontón recto decorado cunha cruz. Nos laterais hai reafundimentos, que diminúen a rixidez do muro. Sancristía pegada á ábsida. dúas torres cadradas rematadas por un corpo cuadrangular máis pequeno, de esquinas oitavadas, coroado por un cupulín e catro vans de medio punto. Ten retablos con esculturas no seu interior.
Consérvase unha imaxe de San Benito procedente do mosteiro de Sobrado dos Monxes.

 

Igrexa parroquial de Ordes

Localización